Parabéns!
Se chegaches ata aquí é porque estás a piques de abrir unha das corenta botellas que existen de A’Choqueira.
Pero agarda, convidámoste a sentar, tomar o teu tempo e ler atentamente o que vén a continuación.
Que pode saír dunha noite de troula en Monte Alto, corazón do entroido coruñés?
Cando se xunta unha mente inqueda cun homebrewer e comezan a lembrar as noites de entroido, pouco a pouco vaise creando unha sinerxía destinada a ter forma de botella.
Cal sería o sabor do entroido de Xinzo de Limia? Sería distinto ao de Verín? E se nos movemos a Ourense? Por que non xuntalos todos e sumalos ao da rúa da Torre?
Da mestura de todo isto nace A’Choqueira, unha cervexa artesá que quere homenaxear un dos maiores patrimonios que temos en Galiza, o entroido.
Tivemos que pensalo moito!
Orxo afumado para lembrar a pólvora e os petardos… Anís, que doce galego non leva un chisquín? E, ademais, un pouco de raspadura de laranxa.
Todo isto ben mesturado con agarimo e coa paixón que que merece o Entroido.
O resultado foi unha cervexa de 6 graos, de maduración na propia botella, a cal vai ter que esperar ao momento óptimo para ser catada e degustada.
Ten que madurar, para que así todos eses sabores se mesturen e deleiten o noso padal. Unha sensación que nos recordará esas noites de troula que todos nós pasamos alguna vez cos amigos polas rúas en pleno Entroido Galego.
O momento óptimo aínda está por chegar.
Convidámoste a seguir a nosa conta atrás, e chegado o día, compartir o deleite da #Choqueira polas túas redes sociais.